"publicado no DOG"
Convocatoria Fondo Acción Social ano 2022
29 de xuño de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se
dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción
Social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con
destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e o persoal interino
dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión
procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
Interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o
final da acción social do ano pasado (día 17.6.2021) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
Funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período
comprendido entre o final da acción social do ano pasado (17.6.2021) e a finalización do
prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestase servizos nesta comunidade autónoma e se xubilase durante o dito período.
Beneficiarios: Terán a condición de beneficiarios:
a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao
33 % que reúnan os requisitos establecidos nas alíneas anteriores.
b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nas alíneas anteriores, teñan
baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de
feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas
tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual
ou superior ao 33 %.
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude e formas de presentación.
Formulario electrónico de solicitude e identificación da persoa solicitante.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da
solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no
enderezo web opax.xunta.es.
Imprimir / Compartir