Webinario; Plan prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia

29 de xuño de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.

Convocar o webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia. 

Desenvolvemento
Data: martes 5 de xullo de 2022. 
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. 
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas Cen (100). 

Inscrición 1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 3 de xullo de 2022.