Amosando publicacións coa etiqueta cursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cursos. Amosar todas as publicacións

Concovatoria cursos de linguaxe administratriva galega e preparatorios para Celga

19 de agosto de 2022

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.


Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2022/23, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente. 

Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde. 

Solicitudes. As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. 

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

EGAP: convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia

1 de marzo de 2022

"publicado no DOG"

 

A EGAP ven de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


Requisitos dos participantes:

Os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Solicitudes:

EGAP: cursos de linguaxe xurídica galega

26 de decembro de 2018

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN de 20 de decembro de 2018 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de Xusticia que preste servizos fora da Comunidade Autónoma de Galicia

Convocatoria de cursos CELGA - DOG 6 2 2018

12 de febreiro de 2018

"publicación no DOG"

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certi cados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario O cial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Último día.- 26 de febreiro.

Cursos de linguaxe administrativa e xurídica

2 de xaneiro de 2018

 "Publicado no DOG"

Publicación no DOG de hoxe, 2 de xaneiro de 2018, da resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo das distintas administracións da CCAA de Galicia para o ano 2018.

ligazón DOG

Cursos de linguaxe xurídica galega (persoal fóra de Galicia)

"publicado no DOG"

Resolución do 27 de decembro de 2017, pola que se convocan CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da CCAA de Galicia.

ligazón DOG

Cursos de linguaxe xurídica galega media e superior para funcionarios que presten servizo na CCAA

7 de abril de 2017


RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón permanente

Cursos de linguaxe xurídica galega superior para funcionarios destinados fóra da CCAA


RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón permanente