"publicado no DOG"
Campaña de vixilancia periódica de saúde
1 de febreiro de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o
ano 2023 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia)
ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).
A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles
impedirá a tramitación da solicitude.
Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento, que se deberá presentar o día
concertado para realizar a vixilancia da saúde.
O prazo de inscrición rematará transcorrido 4 meses contados a partir do día seguinte ao
da publicación da resolución no DOG.
Imprimir / Compartir