Permiso retribuído para incorporación ao posto de traballo

23 de febreiro de 2024


"presentado ante a Dirección Xeral"

A poucos días da toma de posesión dos novos funcionarios de Tramitación Procesual, dende AXG-CUT solicitamos que a Dirección Xeral publique unha circular sobre o permiso retribuído para funcionarios que accedan a outros corpos ou escalas, recollido na Disposición Adicional Quinta do R.D 364/1995, de 10 de marzo, igual que fixo o Ministerio no ano 2021 e 2023 (a través de sendos oficios), e que notificou ás CCAA transferidas.

 Para o Ministerio de Xustiza este permiso ten por obxecto que todo o persoal que se atope prestando servicios na Administración e acceda a un Corpo ou Escala por quenda interna ou libre, desfrute dun permiso retribuído para incorporarse ao seu posto de traballo.

 A Xunta debe facer pública unha circular similar á do Ministerio onde se recolla este permiso.