EGAP; curso de prevención de riscos laborais, nivel básico

21 de agosto de 2020


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 2 de setembro de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta. gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

Ligazón ao DOG.-