Obxecto da convocatoria
Requisitos das persoas solicitantes
1.- O persoal aspirante a formar parte das bolsas deberá reunir, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
- Requisitos xerais:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non ter acadada a idade máxima de xubilación forzosa. No caso do corpo de auxilio xudicial, a idade mínima será de 18 anos, ao abeiro do establecido no artigo 56.3 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, atendendo ás funcións atribuídas a este corpo no artigo 478 da Lei orgánica do poder xudicial, e particularmente ao seu carácter de axentes da autoridade.
c) Non ter sido condenado/a por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores de tres anos, a menos que se obtivese a cancelación de antecedentes penais ou a rehabilitación.
d) Non ter sido inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, salvo que fose debidamente rehabilitado/a.
e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo dunha Administración pública.
f) Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade para o exercicio da función pública na Administración de xustiza.
g) Figurar inscrito/a no servizo público competente como demandante de emprego ou como mellora de emprego, agás que estea traballando ou estea nas bolsas de interinos da Administración de xustiza.
h) Non padecer defecto físico ou enfermidade psíquica ou física, ou calquera outra circunstancia que o/a incapacite para o desempeño das tarefas propias do corpo en que solicite a inclusión.
Prazo e forma de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
Etiquetas: bolsa interinos , DOG , DXX , interin@s