Comisión de servizo. Corrección de erros da Resolución do 26/04/2022

28 de abril de 2022

"publicado na intranet"

Saíu publicada unha corrección de erros da Resolución do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na Intranet.




Substitución entre titulares. Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución

27 de abril de 2022


"publicado na intranet"

Saíu publicada, con data do 26/04/2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. 
 
Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado. 3. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (27, 28 e 29 de abril de 2022). 

ADXUDICACIONS DEFINITIVAS DAS COMISIONS DE SERVIZO

26 de abril de 2022


"Publicada na intranet"


Corpo de Letrados; quendas libre e interna. Relación definitiva de admitidos e excluidos

25 de abril de 2022


"publicado no BOE"

Vense de publicar no BOE; Orden JUS/348/2022, de 20 de abril, por la que se aprueba la relación definitiva de admitidos y excluidos al proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia, convocado por Orden JUS/1523/2021, de 3 de diciembre.

Este Ministerio ha resuelto:  Aprobar y publicar las listas definitivas de personas admitidas y excluidas al proceso selectivo, por los sistemas de acceso libre y promoción interna, para ingreso en el Cuerpo de Letradas y Letrados de la Administración de Justicia y publicar en el Anexo de esta Orden las relaciones de personas excluidas, con expresión de las causas de su no admisión.

EGAP; Webinario Presente e futuro do emprego público na Admón. post-COVID


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022 pola que se convoca o webinario Cara a unha reforma do sistema de acceso ao emprego público.

Convocar no marco do ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID o webinario Cara a unha reforma do sistema de acceso ao emprego público.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súasentidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
 

EGAP (E-martes); Rexistro electrónico na Xunta de Galicia


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 10 de maio de 2022.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 10 de maio de 2022. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas. 
Número de prazas Cincuenta (50).

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Resumo Comité de Seguridade e Saúde Laboral

22 de abril de 2022


Onte tivo lugar o Comité de Seguridade Laboral no que, entre outros asuntos destacan:



Modificación da Resolución do 9 de decembro de 2003 pola que se contituen os servizos de apoio


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2003 pola que se constitúen os servizos comúns de apoio das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 

Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, constituíronse os servizos comúns de apoio das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A constitución destes servizos tiña como finalidade dotar os xulgados das cidades de Galicia de equipos integrados con persoal experto que, desde o centro de decisión máis próximo ao problema, puidesen colaborar coas oficinas xudiciais afectadas por circunstancias ocasionais (sobrecarga de traballo por causas conxunturais, expedientes complexos, posta en marcha de novos servizos, desenvolvemento de programas concretos de actuación, baixas por enfermidade ou licenzas de curta duración, etc.), que requiren unha pronta e eficaz atención.

EGAP; curso de formación en materia de económia pública



"Publicado no DOG" 



Vense de publicar no DOG; Resolución do 22 de abril 2022 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de economía pública.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo.

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>  desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Publicada a adxudicación das prazas ofertadas para a súa cobertura mediante substitución

20 de abril de 2022


"publicado na intranet"


Vense de publicar na intranet;  Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta publicada o 12/04/2022.

Comisión de servizo. Listaxe provisional de postos adxudicados do corpo de xestión procesual e administrativa


"publicado na intranet"

Saíu publicada a Resolución do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos do corpo de xestión procesual e administrativa convocados pola Resolución do 30 de marzo de 2022.












Substitución entre titulares. Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución

"publicado na intranet"

Saíu publicada, con data do19/04/2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da
presente resolución (20,21 e 22 abril de 2022).





Partido xudicial de Pontevedra; novo sistema de videoconferencias (Cisco Webex)

19 de abril de 2022


"publicado na intranet"


O vindeiro martes 26 de abril o sistema de videoconferencias Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial de Pontevedra. Todos os actos con participación telemática que se efectúen a partir desa data realizaranse co novo sistema de videoconferencias Cisco Webex. 

Se o teu órgano pertence ao partido xudicial de Pontevedra, no caso de que xa teñas organizada algunha videoconferencia con Cisco Meeting que teña lugar despois do 26 de abril, lembra que debes enviar os novos datos de conexión da túa sala Cisco Webex ás persoas participantes. Se non o fas, estarán a empregar datos de conexión obsoletos e non poderán conectarse á videoconferencia.

Consulta máis información sobre Cisco Webex.

Auxilio Xudicial; Comunidad Autónoma de Canarias, corrección erros.

18 de abril de 2022



"publicado no BOE"

Vense de publicar no BOE; COMUNIDAD AUTÓNOMA DE CANARIAS 6334 Resolución de 8 de abril de 2022, de la Dirección General de Relaciones con la Administración de Justicia, de la Consejería de Administraciones Públicas, Justicia y Seguridad, por la que se corrigen errores en la de 1 de abril de 2022, por la que se publica la relación de plazas correspondientes al ámbito de Canarias, que se ofrecen a los/las aspirantes aprobados/as en el proceso selectivo para ingreso en el Cuerpo de Auxilio Judicial de la Administración de Justicia, turno libre, convocado por Orden JUS/60/2020, de 15 de enero.

Comisión de servizo. Listaxe provisional de postos adxudicados

11 de abril de 2022


"publicado na intranet"


Saíu publicada a Resolución do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos do corpo de auxilio xudicial convocados pola Resolución do 30 de marzo de 2022.

Médicos Forenses; provisión en comisión de servizo postos de traballo entre persoal funcionario Admón de Xustiza

8 de abril de 2022


"publicado na intranet"


Saíu publicada a Resolución do 8 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. 

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet.

Postos ofertados:

Xefe de Sección área patoloxía forense (Subdirección Territorial A Coruña)
Subdirector na Subdirección Territorial de Lugo.

Auxilio Xudicial; quenda libre. Prazas ofertadas no ámbito territorial de Galicia


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se ofrecen aos/as aspirantes aprobados/as nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

Facer pública a relación de prazas do ámbito territorial de Galicia (anexo I), que se lles ofrecen aos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

As solicitudes de destino dos/das aspirantes deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, na rúa Madrid 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de vinte días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Prazas ofertadas:
Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 (Rex Civil) Auxilio xudicial Ribeira A Coruña 
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 Auxilio xudicial Cambados Pontevedra 
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 4 Auxilio xudicial Cambados Pontevedra

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

7 de abril de 2022


"publicado na intranet"


Saíu publicada, con data do 07/04/2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da
presente resolución (08, 11 e 12 de abril de 2022).









AXG-CUT demanda que se acomentan as obras comprometidas no xulgado de garda de Pontevedra

6 de abril de 2022

"publicado en prensa"

Denuncian que la sala para celebrar juicios rápidos en Pontevedra carece de ventilación y ventanas.

Alternativas na Xustiza alerta del riesgo de contagio por covid y demanda se acometan las obras comprometidas.

Si hace unos días los magistrados pontevedreses denunciaron las deficiencias del antiguo edificio judicial de A Parda, este viernes Alternativas na Xustiza reiteró unas quejas que ya hicieron públicas en julio pasado. 
 

AXG-CUT denuncia a situación do xulgado de garda de Pontevedra

"publicado en prensa"

Piden que se agilicen las obras para mejorar el juzgado de guardia.
Aseguran que la falta de espacio y ventilación pone en peligro la salud por el COVID-19.

El sindicato Alternativas na Xustiza se hizo ayer eco de la situación en la que se encuentran el juzgado de guardia de Pontevedra. Denuncian que actualmente trabajar en estas instalaciones supone un importante riesgo de contagio de COVID-19 por la falta de ventilación y los reducidos espacios de estas dependencias.


A ineficiencia dunha Amtega millonaria

"publicado en prensa"

A Xunta de Galicia, por mor dos erros informáticos producidos onte, colgou na intranet a seguinte información: 
“Estanse a detectar erros de acceso á Minerva e na conexión da aplicación con Portasinaturas, o que está a afectar ao envío de documentos á firma. A incidencia é de carácter xeral e está a ser revisada. Comunicaremos a resolución en canto se produza.” 

O certo é que un día máis tarde seguen sen solucionarse os erros o que está a provocar: 
Funcionari@s de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen.

Actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura.

AXG-CUT denuncia a mala xestión de Amtega que provoca fallos no programa informático

"publicado en prensa"

Denuncian fallos en los sistemas informáticos de los juzgados: “El personal está de brazos cruzados”.

Sindicatos critican a la Xunta y Amtega por su “ineficiente” gestión.

Por segundo día consecutivo, el sistema Minerva, aplicación informática judicial que permite el acceso a los expedientes para su trámite seguía al ralentí en los tribunales vigueses. El sindicato Alternativas Na Xustiza presentó un escrito ante la Amtega, la agencia de digitalización de la Xunta, para denunciar estos fallos que mantienen, avisa su responsable Pablo Valeiras, “a los funcionarios de brazos cruzados”.
 
“La gestión informática de la Xunta es tan ineficiente que está provocando fallos increíbles”, reacciona Valeiras. Alega que se están realizando intervenciones informáticas “no compatibles” con los equipos “obsoletos” que hace que se pierda su funcionalidad. “¿Es posible que un organismo con presupuesto millonario como la Amtega cometa estos errores?”, se cuestiona.

AXG-CUT denuncia os incidentes informáticos dos últimos días


"publicado en prensa"

La caída del programa judicial Minerva ralentiza los tribunales en Vigo.
Los funcionarios tienen que volver a escribir documentos en viejos programas ofimáticos sin acceso a la base de datos. La Xunta dice que la incidencia duró dos días pero ya está solucionada.

Fuentes del sindicato Alternativas na Xustiza-CUT indicaron, tras la cadena de incidentes informáticos, que «os funcionarios e funcionarias están de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen. Hai actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura».

EGAP; Programa de autoformación.

5 de abril de 2022

publicado no DOG

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

 Primeira. Participación nas probas:

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que non se encontre en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.